Mércores, 24 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

O timo do Mercadona acada miles de vítimas por un falso vale de 150 euros.

Correo-e Imprimir PDF

timo mercadona

Un concurso para ter acceso a vales por valor de 150 euros conseguiu estafar a miles de persoas. Trátase do "timo do Mercadona", unha nova fraude que se está difundindo por WhatsApp e SMS nos que se piden datos persoais aos usuarios para entrar nun concurso duns falsos cupóns.

A Policía alerta que ao dar os datos, subscriben ao usuario a un servizo Premium. Este tipo de fraude consiste na subscrición dun usuario a unha base de datos que lle envía información sobre certos temas (xeralmente xogos e concursos), pero cóbranlle por cada SMS recibido.

Curso gratuíto de tapas, petiscos e canapes do Programa Actívate en #Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

canapesA Concellería de Xuventude do Concello de Baiona, e a Deputación de Pontevedra, a través do Programa Actívate, organizan un curso de Tapas, Petiscos e Canapés de 40 horas de duración en Baiona.

O curso é totalmente gratuíto e o prazo de inscrición está aberto ata o 4 de setembro de 2015, donde terán preferencias as persoas de entre 16 a 35 anos empadronadas en Baiona.

As persoas que non cumpran estes requisitos poderán anotarse na lista de espera.

Luz verde á ampliación da nave de SNOP en Porto do Molle. #Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

snopA fábrica de estampado dedicada á automoción foi a primeira en instalarse en 2011 nunha parcela de 28.913 m2 cunha superficie construída de 11.000 m2 aos que agora sumará outros 5.954 cunha inversión de 1.531.,363 €

O número de empresas arrendatarias no polígono elévase a 76, das que 65 xa están activas e xerando 517 empregos; outras 11 están en proceso de instalación e xerarán 231 postos

#Baiona dá a coñecer as bases da convocatoria para axudas de apoio á infancia.

Correo-e Imprimir PDF

concello baionaO programa de axudas de apoio á infancia atópase no marco do programa de axudas básicas de emerxencia do Concello.

Segundo dá coñecer a administración están dispoñibles 8.000 mil euros concedidos en abril pola Deputación de Pontevedra para atender as demandas de persoas empadroadas no concello "en especial situación de exclusión social" e con especial atención a aquelas con menores a cargo até un máximo de 1.000€ por unidade familiar.

O Ministerio de Educación convoca as becas de carácter xeral para o curso académico 2015-2016

Correo-e Imprimir PDF

Universidad de VigoA Secretaría do Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, convoca ás becas de carácter xeral para o curso académico 2015-2016 para estudantes que cursen estudos postobligatorios.

#Baiona licita ás máquinas expendedoras de bebidas localizadas en dependencias municipais.

Correo-e Imprimir PDF

vendingA convocatoria refire a 6 máquinas expendedoras de bebidas frías e quentes a instalar na Casa Consitorial (2), o Pavillón de Deportes (2) a Escola de Música (1) e o Centro Cultural de Belesar (1). A concesión será por un ano e prorrogable por outro segundo as bases publicadas no boletín provincial.

O canon anual mínimo será de 140 euros por cada unha das máquinas a instalar na Casa Consistorial e o Pavillón Municipal. En ambos os dous casos implican expendedoras de bebidas frías e quentes.

A Xunta convoca as subvencións para gastos de primeira vivenda.

Correo-e Imprimir PDF

vivendas chandeA orde feita pública nesa xornada sinala o destino de 276.300 € para atender as concesións. Contía que anuncian, podería ampliarse. Esta orde ten por obxecto convocar para a anualidade 2015, a través dun procedemento en réxime de concorrencia non competitiva, subvencións destinadas a afrontar os gastos derivados da adquisición, da adxudicación ou da promoción individual de vivenda para uso propio, por parte de persoas que conten co financiamento cualificado do Plan de vivenda e rehabilitación 2009-2012.

Os comercios da Ramallosa ofrecerán ofertas e saldos durante toda a xornada do sábado. #Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

comerciantes-ramallosaComerciantes da Ramallosa celebran o sábado a súa primeira Noite Aberta e Outlet 

Os establecementos permanecerán abertos ata a media noite e ofrecerán descontos e sorpresas aos seus clientes

 Durante toda a xornada haberá concertos, animación infantil, inchables...

O Concello de Nigrán colabora cos comerciantes de A Ramallosa para celebrar este sábado a súa primeira noite aberta e outlet. Máis dunha decena de tendas situadas nas rúas Damas Apostólicas, Romana Baixa, Manuel Lemos e Camiño de Cabreira ofrecerán aos seus clientes dende as 10 da mañá e ata a media noite descontos especiais durante todo o día, ademais de ofrecerlles bombóns ou champán aos que se animen a entrar aos negocios, que levarán o escaparate ata a zona dos soportais.

Carmela Silva mantén o primeiro encontro cos sindicatos dos traballadores da Deputación

Correo-e Imprimir PDF

04-08-xuntanza-sindicatosAcudiron os representantes de CC OO, CIG e CSIF

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, mantivo o martes o seu primeiro encontro cos representantes dos traballadores da institución provincial. Nesta xuntanza tamén estivo presente o deputado provincial responsable de persoal, Carlos López Font.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL