Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Preséntase en Nigrán “Nosa Enerxía”, a primeira cooperativa galega enerxética.

Preséntase en Nigrán “Nosa Enerxía”, a primeira cooperativa galega enerxética.

Correo-e Imprimir PDF
promotores nosa enerxia

A primeira cooperativa enerxética galega "Nosa Enerxía" será presentada este venres 22 de abril nun acto aberto no Auditorio de Nigrán ás 20 horas.
Nosa Enerxía preséntase como "a primeira cooperativa galega que ten por obxecto a comercialización de enerxía eléctrica de orixe renovable certificada, apostando pola sustentabilidade enerxética e por unha xestión transparente".

A longo prazo, a cooperativa tamén ten como obxectivo a promoción de proxectos de xeración de enerxía renovable de xeito distribuído, como outro dos pasos para acadar un modelo enerxético 100% renovable.

"O noso funcionamento está baseado no modelo cooperativo, isto significa que somos unha organización participativa, aberta e xestionada de xeito democrático, onde todas as persoas cooperan para evolucionar cara a unha sociedade máis equitativa e sustentable", sinalan os cooperativistas.
O acto de presentación e aberto a todo público e está organizado polo Colectivo DesPensa do Val Miñor.