A Xunta dálle 240.000€ máis aos grandes medios por publicar “iniciativas de interese”.

Imprimir

La Voz de Galicia volve recibir case a metade da totalidade do diñeiro dun convenio que asinou a Consellería de Economía e do que tamén desfrutaron Faro de Vigo, El Progreso, El Correo Gallego, La Región e o Grupo La Capital.

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, volve a darlle aos grandes grupos mediáticos do país un total de 240.000 euros procedentes dos cartos de todos os galegos que se suman a outras cantidades, tamén suculentas, que reciben doutros departamentos autonómicos.

Desta volta, o diñeiro destes convenios é “para elaborar e publicitar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía”. Un apartado no que, supostamente, vale calquera cousa porque non se especifícan as campañas polas que se lles pagou aos medios tradicionais de Galicia.

Coma sempre, a Xunta volve darlle a La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Progreso, El Correo Gallego, La Región e o Grupo La Capital. O medio que máis recibe é o xornal de Santiago Rey, con 114.802 euros, segudio de Faro de Vigo con 59.789. Non hai subvencións nin para radios, nin para televisións, nin para medios dixitais.

Así, por convenios asinados nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2015 foron:

Faro de Vigo: 59.781 euros

El Progreso: 27.034 euros

El Correo Gallego: 11.803 euros

La Voz de Galicia: 114.802 euros

E os dos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2015:

Editorial La Capital (El Idela Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e DxT): 10.471 euros

La Región: 17.705 euros

“Isto é só unha pequena mostra: unha consellaría, 6 meses, convenios de colaboración.... contratos de publicidade, compra de xornais para os colexios e ordes de subvención a parte. Por un lado temos o feito do dispendio, polo outro temos afectada a información que recibe a sociedade sobre o ben, mal ou regular que o fai a Xunta. Por suposto, os convenios, salvo o título e o custo, non sabemos nada máis, nin sequera da súa xustificación”, asegura CIG-Autonómica sobre estes convenios.

Do xornal Galicia Confidencial (AMEGA)