As entidades financieras teñen orde do Banco de España de bloquear as contas bancarias de aquelas persoas que non faciliten copia dixitalizada do seu DNI, previo requerimento do banco.
É unha obriga imposta polo Banco de España aos clientes de entidades financieiras, en cumprimento das esixencias fixadas na normativa de prevención de "blanqueo de capitais" e financiación do terrorismo (lei 10/2010).
Confusión e algunhas colas nos bancos dada a premura imposta para actualizar a información fiscal e a identificación dos clientes que teñen contas en entidades finacieiras, bancos ou nas caixas que aínda quedan no país.
ABANCA informaba hoxe mesmo por SMS aos clientes en relación á aportación da información necesaria para o cumplimento desta obriga do Banco de España "Tras consultas recibidas por falta de documentación de clientes le informamos que usted seguirá operando con total normalidad en sus cuentas a partir del 30/04".
O BBVA tamén pronunciouse no mesmo sentido advertindo que non todos os clientes teñen necesidade de acudir ao banco para aportar a documentación, e que só teñen obriga de acudir aqueles que están a ser contactados por carta, sms ou email.
Ante a situación de descoñecemento as entidades acordaron non bloquear as contas até o próximo 11 de maio, ampliando así a moratoria inicial fixada para o 30 de abril, e dando un pouco de marxe para as persoas que aínda non foron advertidas. Unha data que advirten non será posible ampliar e que implicará o bloqueo progresivo que inicailmente podería levar ao bloqueo de 7,5 millóns de contas en España, según os datos que manexa o portal Rankia.
Así que non deixe para o último día porque pode atoparse na situación de non poder nin mercar o pan.