Ábrese prazo para solicitar licenzas para postos de venda no tradicional mercado dos luns de Gondomar.

Imprimir
mercado luns

-O Concello de Gondomar pon en marcha unha ordenanza que regulará por primeira vez a venda ambulante no tradicional mercado dos luns no entorno da praza de abastos da vila condal.

-38 serán os postos que polo procedemento de concorrencia competitiva se ofertará aos interesados. A presentación de solicitudes ábrese por un prazo de 30 días.

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou onte, 14 de maio, o anuncio de convocatoria para a adxudicación de autorizacións para a instalación de postos de venda ambulante no mercado municipal dos luns de Gondomar, cuxas bases foron aprobadas en Xunta de Goberno Local, o pasado 12 de marzo.

Concederanse un total de 38 prazas coas seguintes características:

- 15 postos de 4x2,

- 22 postos de 6x2,

- 1 posto de camión ou vehículo-tenda

Tan só se autorizará un posto por solicitante en cada un dos mercados.

Os interesados deberán presentar as súas solicitudes no rexistro do Concello, sito na planta baixa da casa consistorial, en horario de 9.00 a 13.30 horas de luns a venres e de 9.00 a 13.00 horas os sábados, no prazo dun mes a contar desde o día seguinte á publicación do anuncio.

O concelleiro Juan Carlos González, responsable da área, sinalou que trátase dunha medida necesaria para regularizar e dar garantías ás persoas que traballan neste eido. Nese senso, informou que os actuais postos que funcionan no mercadillo foron informados con tempo ca fin de que puideran presentarse á convocatoria.

Segundo o edil, a administración local leva recollido un importante número de solicitudes de persoas interesadas. O valor da taxa fiscal non é elevado (uns 8 euros mes por posto estandar), o que fai atractiva a oferta para moitas persoas. As autorizacións que conceda o Concello terán unha validez de 12 meses renovables na medida que os titulares cumpran coas normativas de funcionamento e hixiene, así como as demais obrigas da ordenanza, sinalou González.