Uruguai : novo destino laboral para os enxeñeiros informáticos españois.

Imprimir
Máis de 14.000 empregos  xeran na actualidade as TICs no sector privado de Uruguai. (Zona portuaria de Montevideo).

 

-O sector das TICs alcanza o “pleno emprego” na república gobernada por José Mujica (Frente Amplio)  e o sector mira cara aos técnicos da veciña Arxentina e a España na obtención desa man de obra especializada.

- Un enxeñeiro de sistemas recentemente recibido pode gañar 2000 dólares (próximo a 1.540€) por mes, segundo a Asociación de Ingenieros del Uruguay.

-13.048 españois radicáronse no Uruguai entre o 2009 e o 1 de xaneiro de 2013.

A Cámara Uruguaya de Tecnologías de la Información (CUTI) traballa nunha proposta para que o goberno de Uruguai facilite a chegada de traballadores especializados nas tecnoloxías da información (TIC) debido ao crecemento que o sector acumula no país e a situación de “pleno emprego” na que se atopa a man de obra local, segundo informa o xornal  “El Observador”, na edición deste luns.

Se pensa en españois e arxentinos polo contexto de ambos países e porque contan con profesionais que se adaptarían á realidade uruguaia, dixo a El Observador Pablo Salomón, presidente da CUTI.

Polo momento,  os empresario do sector atópanse a “nivel de conversación”, co goberno de José Mujica,  co obxectivo de presentar un programa que brinde facilidades ao enxeñeiro estranxeiro que decida asentarse en Uruguai.  “Temos potencial e oportunidades, pero os recursos humanos son limitados”, afirmou o titular da CUTI, no senso de clarificar que a iniciativa non prexudicaría aos técnicos locais.

Industria en alza

No sector das tecnoloxías da información en Uruguai non existe o desemprego, o que provocou un contexto no que as empresas compiten forte polos traballadores máis cualificados. Segundo a CUTI as TIC creceron entre 15% e 20% nos últimos anos.

O atractivo do Uruguai para arxentinos e españois.

“As consultoras en recursos humanos detectaron un crecente interese de arxentinos e españois por traballar en Uruguai, e non dubidaron en afirmar que os enxeñeiros e sobre todo os do área informática, teñen as mellores posibilidades de inserirse no mercado local”, afirma o periódico uruguaio.

Nese senso sinala cos cidadáns de Arxentina vense beneficiados pola proximidade e atopan no país a tranquilidade que lles fai falta, ademais de regras máis claras e unha economía máis ordenada, segundo as consultoras. Moitos españois, en tanto, están entrando en Uruguai a través do sector da construción, pero tamén se abren paso noutros sectores, un deles as tecnoloxías da información.O Instituto Nacional de Estadísticas de España indicou que desde 2009 ata o 1° de xaneiro de 2013 arribaron ao Uruguai 13.048 persoas con pasaporte español, e que no país hai 62.491 homes e mulleres desa orixe.