O I Rastro Tradicional de Gondomar tomará o centro da vila nesta xornada de domingo.

Imprimir
cacharros

Máis de trinta postos de venda albergará a primeira edición do Rastro Tradicional de Gondomar que organiza este domingo a Asociación por el Progreso y Desarrollo de Gondomar (APRODEGO). Os mesmos estarán dispostos na praza da Alameda, as céntricas rúas de Eduardo Iglesias e Ángel Urzáiz e a praza da Paradela, fronte á casa consistorial.

 

A actividade que se desenvolverá dende a mañá e durante boa parte da xornada contará con mesas de produtos artesáns, mercadorías a prezo de saldo de algúns dos comercios da vila, así como roupas de segunda man e obxectos que ao estilo das ventas de garaxe, colocarán veciños do municipio.

APRODEGO anunciou a súa intención de manter esta actividade os vindeiros catro domingos, para logo converter o rastro nunha actividade a desenvolver os primeiros domingos de mes. Os interesados en solicitar un espazo no rastro deberán comunicarse aos teléfonos 676479488 ou 691510202. Os mesmos se entregan totalmente de balde.