A cooperativa Nornas Hostel abre novas inscricións para obradoiros de repostería e escritura creativa.

Imprimir
image 13

A fin de semana do 15 e 16 de Decembro celebraranse en Nornas varios obradoiros para comezar o Nadal con bo pé. O sábado 15 de decembro terá lugar un obradoiro para adultos de escritura escrita, a cargo de Silvia Penas e Elvira Riveiro, gañadoras do Premio de Poesía Victoriano Taibo (2008). Pola tarde, La Despensa de Yolanda impartirá un obradoiro sobre a elaboración de Cupcakes e galletas de Nadal. Finalmente o día domingo 16, Penas e Riveiro impartirán un obradoiro de escritura creativa para cativos. Nos tres casos Nornas convidará a un café con boliño. Para obter información ou inscribirse pódese chamar ao teléfono 986363604 ou escribir ao mail Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

 

Programa:

Sábado 15 (11:00-14:00):

Escrita creativa para adultas. Este obradoiro será impartido por Silvia Penas e Elvira Riveiro, autoras de Biografía da Multitude (Premio Victoriano Taibo, 2008). O obxectivo será achegarse á linguaxe dun xeito libre e enriquecedor. O prezo é de 15 euros.

Sábado 15 (16:00-20:00):

Obradoiro de Cupcakes e Galletas de Nadal. La Despensa de Yolanda impartirá este obradoiro no que aprenderase receitas e trucos de decoración na elaboración de Cupcakes. O prezo é de 70 euros. Inclúe os materiais e unha cestiña de agasallo con receitas, galletas e cupcakes elaboradas, mandil, cortapastas, etc.

Domigno 16 (11:00-13:00)

Escrita creativa para cativos e cativas a cargo de Silvia Penas e Elvira Riveiro. Poden asistir nenos e nenas de 7 a 12 anos, sendo o prezo de 15 euros