Alumnos do Centro Ocupacional Juan María enxoian os establecementos comerciais do Val Miñor, cara o Nadal.

Imprimir
nadal ovalmi

 


Un proxecto levado adiante entre a Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI), co Centro Ocupacional Juan María está a enxoiar os establecementos comerciais da bisbarra. Os viandantes xa os están a atopar dende a semana pasada por diversas rúas do Val Miñor, rechamantes alfombras vermellas ás portas dos comercios e un abeto cos típicos adornos son o símbolo da chegada do Nadal á comarca.

 

A proposta de OVALMI contou con gran aceptación dos asociados e a colaboración dos centros de xardinería Figueragro e Casaplanta, que achegaron o material necesario.