Curso sobre xestión de sistemas de seguridade e saúde no traballo para empresarios do Val Miñor.

Imprimir

A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor en coordinación coa Confederación de Empresarios de Pontevedra chaman a interesados en participar nunha xornada gratuíta de formación sobre "Sistemas de xestión da seguridade e saúde na empresa". A palestra estará a cargo da experta Paula Rodríguez Carballo, auditora xefe en Galicia da Asociación Española de Normalización y Certificación (AENOR). A actividade terá lugar no Centro Neural de Gondomar, o vindeiro 30 de outubro no horario de 20:30 a 22:30 horas.

 

Os interesados en inscribirse na xornada deberán contactarse coa organización a través do teléfono 986 36 67 30.

Programa:

Integración da prevención de riscos laborais na empresa

Certificación OHSAS 18001: 2007

Proceso de implantación na empresa de OHSAS 18001: 2007.