Inscricións para curso de monitor de tempo libre en Nigrán co título homologado pola Xunta de Galicia.

Imprimir
monitor

A Concellería de Promoción Empresarial, Comercio e Emprego do Concello de Nigrán, en colaboración cunha empresa especializada neste tipo de formación, abrirá a partir da vindeira semana o prazo de inscrición nun Curso de Monitor de tempo libre, dirixido preferentemente ás persoas desempregadas empadroadas en Nigrán, até un máximo de 25 alumnos.

 

O curso terá unha duración de 250 horas teóricas e 150 de prácticas, e levarase a cabo no Centro Antena, na Rúa Otero Pedrayo nº 52. O inicio do curso será o 10 de setembro, en horario de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas. O custe total do curso é de 250 €, pero a concellería de Promoción Empresarial, Comercio e Emprego aportará 176 euros da matrícula, para facilitar o acceso a este curso a todas aquelas persoas con menos recursos económicos, de tal xeito que cada alumno só terá que pagar 74 euros. As inscricións poderán realizarse entre o 27 de agosto e o 6 de setembro, ambos os dous incluídos, no Centro Antena.

Os asistentes obterán un certificado de homologación expedido pola Xunta de GaliciaPara máis información, contactar coa Concellería de Promoción Empresarial, Comercio e Emprego deste concello, nos teléfonos e direccións de correo electrónico que se indican a continuación:

Teléfonos: Centro Antena: 986 – 366572. Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local: 986 – 365000 / Extensión 4.

Correos electrónicos: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo / Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo / Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo