Están abertas as inscricións para a I Xornada do Banco de Tempo de Nigrán a celebrarse o próximo xoves 16 de decembro de 2010. Coa intención de intercambiar experiencias, coñecer actividades e colaboradores, achegar ideas, reflexionar sobre o que propón este programa e recoñecer a labor das persoas que colaboran na súa difusión, están convocados os socios e socias do BT de Nigrán. Tamén participarán membros da mesma iniciativa doutros concellos.
A organización a cargo da Concellería de Promoción de Emprego, ten previstos obradoiros dirixidos por usuarios do Banco e rematarán as xornadas cun brinde e a actuación do grupo de pandeireteiras da AAVV de Panxón. A xornada será no Pazo de Pías da Ramallosa (Damas Apostólicas), ás 18 horas. O evento está aberto a tódalas persoas que teñan interese en asistir, non sendo necesario ser socio do Banco de Tempo. As inscricións son no Centro Antena de Nigrán (Rúa Otero Pedrayo Nº 52), a través do teléfono 986366572 o do correo electrónico centroantena@nigrán.org.
Programa das I Xornadas do Banco de Tempo de Nigrán
18 h. Apertura da Xornada. Presentación do BT. A cargo de Érika Juráiz Gulías (Xerente da Mancomunidade de Vigo).
18:10 h. BT de Nigrán: Presentación, inicios e situación actual. A cargo de Purificación Leal Docampo (Concelleira de Promoción de Emprego e Igualdade de Nigrán) e Raimundo Fernández Figueroa (Coordinador do Banco de Tempo de Nigrán).
18:30 h. Audiovisual da Memoria e actividades de difusión do BT de Nigrán.
19 h. Intercambiando habilidades: Relatorio dunha usuaria do BT de Nigrán. Laura Beradi Madera (Socia do BT de Nigrán).
19:10 h. Relatorio da experiencia doutros Bancos: BT de Salceda e Valadares.
19:40 h. Reflexións.
20 h. Obradoiro de repostería de Nadal. A cargo de Gabriel Jiménez San Juan (BT Nigrán).
20.30 Obradoiro de decoración para Nadal. A cargo de Laura Beradi Madera (BT Nigrán).
21 h. Clausura da Xornada. A cargo de Efrén Juanes Alcalde de Nigrán.
Brinde, degustación de doces e agasallos de BT de Nigrán. Actuación das pandeireteiras da AA.VV. de Panxón.