Martes, 16 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Cultura

“Os Melómanos” do baionés Víctor Lorenzo agasallan aos gañadores dos premios da música Martín Códax.

Correo-e Imprimir PDF

vitorOs e as premiadas recibiron as fermosas estatuíñas realizadas especialmente para o evento polo escultor e músico Víctor Lorenzo.  Artista nacido en Baiona en 1968, reside e traballa na actualidade no Val Miñor. Cada un dos gañadores nas 18 categorías convocadas por esta edición dos Premios Martín Códax levaron unha como recoñecemento pola súa achega á musica galega en 2014.

Rubén de Lis acada o recoñecemento do Brasil con galardóns nos Prêmios da Música Católica 2014

Correo-e Imprimir PDF

ruben lis vivo1

O tema Hablando con ella do gondomareño Rubén de Lis foi galardoada como a Melhor Música de 2014 no marco dos Prêmios da Música Católica outorgados na Arquidiocese de São Salvador de Bahia (Brasil). Autor entre outras pezas, do Himno do centenario do Gondomar C.F. , De Lis ten unha abondosa carreira dentro do xénero coñecido como música cristiá con notable presenza no país americano. A canción galardoada en Brasil por voto popular, recrea un diálogo íntimo do autor coa virxe María.

Antón Costa Rico e Xosé Malheiro presentan un monográfico sobre a historia da educación en Galicia.

Correo-e Imprimir PDF

murguia-capaO vindeiro venres 19 de decembro ás 20:30 horas os investigadores Antón Costa Rico e Xosé Manuel Malheiro presentarán o último número da Revista Murguía. A historia da educación no noso país centra este monográfico da Revista Galega de Historia que con este número cumpre o seu X aniversario.

Cea e TERTULIA do IEM con Xurxo Souto

Correo-e Imprimir PDF

Xurxo-Souto1Músico, escritor, locutor, produtor e unha multitude de oficios vencellados á comunicación enxoian a traxectoria de Xurxo Manuel Souto Eiroa (Galicia, 1966), protagonista da vindeira TERTULIA do IEM. O arqueólogo Xosé Lois Vilar será o encargado de presentar ao convidado  este venres 12 de decembro ás 20:30 horas, na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avenida da Feira Nº10, baixo, Gondomar).

Tamén como é tradicional, despois do acto aberto ao público en xeral haberá unha cea coa persoa convidada que terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe Gondomar á que se poderá asistir facendo a correspondente reserva de praza no teléfono 986 360 575 ou ben no correo electrónico oficina@ minhor.org  . 

“Desfíxose o novelo”

Correo-e Imprimir PDF

IMG 1144Unha ducia de persoas participaron nestes meses de outubro e novembro no II Obradoiro literario Victoriano Taibo: Desenvolvendo o nobelo. Ao longo das distintas sesións a condutora, Marta Dacosta, procurou ofrecer motivos de reflexión literaria e pretextos para construír poemas e textos narrativos. Este xoves 27 de novembro, as e os participantes no Obradoiro deron a coñecer as obras realizadas, nun lectura pública na Aula de Cultura Ponte de Rosas, sede do IEM. O acto levou por título "Desfíxose o nobelo".

Inauguración da mostra fotográfica “I T I N E R A N C I A (S)”, de Santi Vega no IEM.

Correo-e Imprimir PDF

santiContinuando co calendario exposicións de arte na Aula de Cultura Ponte de Rosas, o Instituto de Estudos Miñoranos convida á inauguración de "ITINERANCIA(S)", unha selección de traballos de fotografía de gran e pequeno formato da colección autoría de Santi Vega. Será o vindeiro venres 28 de novembro ás 20:30 horas na Avenida da Feira Nº10, baixo Gondomar.

Unha xornada de lectura pública pecha o II Obradoiro de creación literaria Victoriano Taibo.

Correo-e Imprimir PDF

obradoiroUnha ducia de persoas participaron nestes meses de outubro e novembro no ” II Obradoiro literario Victoriano Taibo: Desenvolvendo o nobelo”, organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos.  Ao longo das distintas sesións a condutora, Marta Dacosta,  procurou ofrecer motivos de reflexión literaria e pretextos para construír poemas e textos narrativos. Este xoves 27 de novembro ás 20:30 horas, as e os participantes no Obradoiro darán a coñecer as obras realizadas, nun lectura pública que promete non deixarnos indiferentes. Será na Aula de Cultura Ponte de Rosas, sede do IEM, na Avenida da Feira Nº10, baixo, Gondomar. O acto é aberto a todo público e levará por título “Desfíxose o nobelo”.

Escolares de Nigrán participarán na XII Mostra de Oralidade Galego-Portuguesa en Vigo.

Correo-e Imprimir PDF

mostra oralidadeO evento terá lugar este martes 25 de novembro ás 11:30 horas no Auditorio AFUNDACION (Marqués de Valladares s/n, Vigo). A esta actividade, organizada por Ponte ... nas ondas! asistirán centros educativos de Caminha, Vilanova de Cerveira, Valença do Minho, Monçao, Melgaço, Salvaterra de Miño, Nigrán e Vigo. A Mostra da Oralidade é un evento que reúne as voces do patrimonio inmaterial galego-portugués concibido para transmitir ás novas xeracións as expresións contemporáneas desta cultura común. Nela xúntanse as persoas portadoras das manifestacións da cultura tradicional con artistas que basean o seu traballo creativo na oralidade.

A Agrupación Musical de Vincios presentará o seu novo director nas festas de Santa Cecilia.

Correo-e Imprimir PDF

agrupacion-musical-vinciosO música Francisco Valcárcel (Salceda de Caselas) asume como novo director da agrupación, a banda e a Escola de Música de Vincios. Profesor de tuba-bombardino no Conservatorio de Viana do Castelo e na Escola de Música de Beade, Valcárcel integra a Banda de Música de Salceda, a Banda Sinfónica da Federación Galega de Música de Bandas de Músicas Populares o Cuarteto The Tubas e a Turre's Band. A súa primeira presentación será o vindeiro sábado 22 de novembro ás 20 horas no concerto homenaxe a Santa Cecilia a desenvolverse no Centro Cultural de Vincios.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL