Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Cultura

Un Camiño novo para unha vella utopía

Correo-e Imprimir PDF

O venres 21 de maio ás 20:30 h., no Pazo da Touza (Camos, Nigrán) terá lugar a presentación do libro Un Camiño novo para unha vella utopía do que son autores o profesor Xulián Maure, do texto, e os fotógrafos Nacho Gómez e Carlos Puga.

Trátase dunha achega ao Camiño de Santiago sustentada sobre unha profusa e valiosa serie de imaxes dos fotógrafos profesionais Nacho Gómez e Carlos Puga. A obra céntrase no Camiño francés a Compostela considerado como o vertebrador da Europa medieval que sigue na actualidade con todo o seu vigor.

Día das letras galegas. Xaquín Lorenzo

Correo-e Imprimir PDF

Xaquin Lorenzo

O Instituto de Estudos Miñoranos e a Concellería de Cultura de Gondomar organizan un acto cultural en torno á figura de Xaquín Lourenzo, a quen se lle dedica este ano o â??Día da Letras Galegasâ??, que terá lugar o próximo venres día 14 de maio ás 20:30 h. na Casa da Cultura de Gondomar.

 O acto consistirá nunha achega á vida e á obra de Xaquín Lourenzo a cargo do prof. Xilberte Manso; na proxección do documental O carro e o home dirixido por Antonio Román, con guión do director e do mesmo Xaquín Lourenzo. O filme será presentado pola prof. Ã?nxeles Bouzó. Pola súa bando o prof. Carlos Méixome falará das relacións entre Xaquín Lourenzo e Lois Tobío.

Tertulia con Uxío Labarta

Correo-e Imprimir PDF
O próximo venres 7 de maio de 2004, ás 20:30 horas no Hotel Bahía de Baiona terá lugar a última das TERTULIAS DO IEM correspondente ao curso 2003-04. Nesta ocasión será o biólogo do Instituto de Investigacións Mariñas do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) Uxío Labarta

Día das letras galegas. Xaquín Lorenzo

Correo-e Imprimir PDF
Xaquin Lorenzo

O Instituto de Estudos Miñoranos e a Concellería de Cultura de Baiona organizan un acto cultural en torno á figura de Xaquín Lourenzo, a quen se lle dedica este ano o â??Día da Letras Galegasâ??, que terá lugar o próximo mércores día 5 de maio ás 20:30 h. na Biblioteca Municipal de Baiona.

 O acto consistirá nunha achega á vida e á obra de Xaquín Lourenzo a cargo do prof. Xilberte Manso e na proxección do documental O carro e o home dirixido, en 1940, por Antonio Román, con guión do director e do mesmo Xaquín Lourenzo. O filme será presentado pola prof. Ã?nxeles Bouzó.

Aillados e Tempos do volfram, dous documentais de Antonio Caeiro

Correo-e Imprimir PDF

O venres 23 e o sábado 24, deste mes de abril, poderanse contemplar en Gondomar dous video-documentos do realizador natural desta vila, Antonio Caeiro. O primeiro deles, Aillados, proxectarase o venres 23 ás 20:30 horas no Auditorio Municipal â??Lois Tobíoâ?? de Gondomar.

Aillados, con guión de Xoán A. González, Antonio Caeiro e Clara Mª de Saa , é un traballo de investigación, que se prolongou durante oito anos, trazado cunha metodoloxía de historia oral. � a historia do penal da illa de San Simón durante os anos da Guerra Civil española (1936/39), contada polos seus protagonistas. Foi realizado por Antonio Caeiro a partir de horas e horas de gravación onde se reflicten a emoción e a traxedia daqueles anos que deron lugar a este vídeo dunha hora de duración.

Tertulia con Antón Seoane

Correo-e Imprimir PDF

Antón SeoaneO próximo venres 16 de abril ás 20:30 horas no Hotel Bahía de Baiona, e  dentro do ciclo As Tertulias do IEM: o autor e a súa obra, intervirá o médico psiquiatra e músico do grupo MILLADOIRO, ANTÃ?N SEOANE. O conferenciante será presentado por Xabier Groba, profesor de música e membro do CE Maúxo.

Ao remate da conferencia-coloquio terá lugar unha cea co conferenciante na que será presentado o viño Serra da Estrela da D.O. Rías Baixas, pertencente a BODEGAS COUTO. A reserva para asistir á cea (15 euros) pódese facer no 629 890 320.

Asociación de Amigos de Lisboa

Correo-e Imprimir PDF
O próximo xoves 25 de marzo e o venres 26, no seu Camiño cara Compostela pararán en Baiona un grupo de trinta persoas integrantes da ASOCIACIÃ?N AMIGOS DE LISBOA, entre os que estará o seu presidente o doutor Carlos Consiglieri. Nestas súas horas de  estancia miñorana realizaranse uns actos de convivencia organizados polo INSTITUTO DE ESTUDOS MIÃ?ORANOS en colaboración con Manuel Carrera da taparía FAVA RICA de Baiona.

Tertulias do IEM con Maria Xosé Queizán

Correo-e Imprimir PDF
Dentro del ciclo de tertulias del IEM, el próximo viernes intervendrá la profesora y escritora María Xosé Queizán. La conferenciante será presentada por la catedrática de la Universidad de Vigo, Camiño Noia.

El acto tendrá lugar a las ocho y media de la tarde en el Hotel Bahía de Baiona y al finalizar habrá una cena que tiene un coste de 15 euros. Las reservas se pueden realizar llamando al teléfono 629 890 320, según informa Antonio Lago.

Unha ollada pola transición, a través dos adhesivos.

Correo-e Imprimir PDF

O próximo mércores día 18 de febreiro ás 20 h. procederase á inauguración da exposición: Unha ollada pola transición, a través dos adhesivos. No acto inaugural, que terá lugar na Casa da Cultura de Gondomar, intervirá o director do Instituto de Estudos Miñoranos Carlos Méixome e o Concelleiro de Cultura de Gondomar Xosé Luís Mosquera, así como Anxo Terán en representación do Café Rañolas, promotor desta iniciativa cultural.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL