O próximo mércores 20 de xullo realizarase a segunda das visitas-guÃadas ou xeiras organizadas polo Instituto de Estudos Miñoranos. Nesta ocasión trátase dun percorrido polo elemento xeográfico e morfolóxico máis significativo da Vila de Baiona, a PenÃnsula de Monte do Boi.
Cultura
Un percorrido histórico e botánico polo Monte do Boi.
Gondomar, o son do rÃo
Miguel Anxo Murado GarcÃa nas Tertulias do IEM
Continúa o seu percorrido o ciclo AS TERTULIAS do IEM do curso 2004-05. Nesta ocasión, a sexta do ciclo estará con nós o Doutor en BioloxÃa e investigador do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, Miguel Anxo Murado GarcÃa. O noso convidado será presentado polo investigador do Instituto de OceanografÃa de Vigo e membro da Asociación A Groba, Santiago Fraga.
O acto, aberto ao público, terá lugar, coma sempre, no Pazo da Escola de Mañufe â??Gondomar- o venres catro de marzo ás 20:30 h.
Ao remate terá lugar unha cea co convidado á que será posible asistir previa reserva no 680 644 490 e ao prezo de 18,50�.
Tertulias do IEM con Miguel Barros Puente
Tertulias do IEM con Manuel Gallego Jorreto
Continua a desenvolverse o ciclo de TERTULIAS DO IEM: O autor e a súa obra deste curso 2004-05. A cuarta das tertulias terá lugar o próximo venres 14 de xaneiro de 2005, ás 20:30 h. no PAZO DA ESCOLA de Mañufe, Gondomar.
Nesa data estará entre nós o arquitecto, urbanista e profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura d´A Coruña, Manuel Gallego Jorreto que será presentado polo arquitecto técnico e membro da Xunta de Goberno do Instituto de Estudos Miñoranos, Alfonso Soliño Troncoso.
D. Paco del Riego Premio Nano Cambeiro de Xornalismo 04
O próximo sábado 11 de decembro de 2004, ás 12:30 horas da mañá, terá lugar, no PAZO DA ESCOLA de Mañufe, Gondomar a entrega da Segunda Edición do Premio de Xornalismo â??Nano Cambeiroâ??que lle foi concedido a Francisco Fernández del Riego. A Mención Especial do Xurado recaeu en Estanislao Fernández de la Cigoña.
Previamente terá lugar a mesa redonda As emisoras de Radio Municipais, moderada polo escritor e xornalista Fran Alonso e na que participarán Henrique Sanfiz, director de Radio Fene, Xosé Anxo Font, director da Radio Municipal de Tui e Mª Xesús GarcÃa ex-locutora da Radio Municipal de Nigrán.
NA LEMBRANZA DE NANO CAMBEIRO
Na xuntanza ordinaria do 13 de xuño de 2004 a Xunta de Goberno do Instituto de Estudos Miñoranos acordou convocar o Terceiro Premio xornalÃstico â??Nano Cambeiroâ?? en memoria e homenaxe do xornalista miñorano e fundador do Instituto de Estudos Miñoranos, Nano Cambeiro. Na mesma reunión da Xunta de Goberno aprobáronse as seguintes bases polas que se rexerá esta terceira convocatoria do premio:
Tertulias do IEM con Quico Cadaval
Obradoiro de Investigación Arqueolóxica en Prehistoria
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL