Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura O Moura Rock acenderá por décima vez os Cotos de Chaín. #Gondomar

O Moura Rock acenderá por décima vez os Cotos de Chaín. #Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
publicov

Xa chega o Moura Rock! Dez edicións que o converten nun clásico dos festivais rockeros de Gondomar e todo o Val Miñor. Feito na parroquia dos cotos inmensos pendurados cara o val, as bandas, especialmente da zona, escalan cada ano cara o recinto de festas da Merced para ofrecer o mellor do seu repertorio.

Este ano toca a Akarakan (Vincios), Kalambrazo (A Carrasca), Demencia Sonora (Freixo) e Hypons Day (Cangas), alumear a noite deste sábado 29 de agosto.

Cando os primeiros toques abran a noite sobre as 22 horas, ao mesmo tempo estará pechando un novo ano de esforzos organizativos da directiva de A Merced. A festa non cae do ceo.

É preciso preparar o cartel, falar cos grupos e reunir os fondos necesarios para sacar adiante cada edición. Entre 1000 e 1500 euros, que son moito para unha asociación veciñal sen ánimo de lucro, tal como se desprende dunha pequena entrevista a Esther Cambra Fernández, secretaria da directiva de Chaín.

"Axudan as achegas dos plans culturais da deputación, algunhas pequeniñas axudas que chegan doutros lados, mais o resto o temos que cubrir nós", afirma Esther. Pero o esforzo ten premio. Dez edicións que fan da Moura Rock un clásico dos festivais do Val Miñor. Unha historia que merece ser contada.