“O que contaron de nós”: A historia contemporánea de Chandebrito narrada en 70 noticias.

Imprimir
carlos gomez

Trátase dunha selección de máis de 70 noticias da colección persoal de Carlos Gómez, composta por centos de artigos en prensa ordenados cronoloxicamente. A escolma informativa permite un percorrido entre finais do século XIX e todo o século XX coa cobertura dos principais sucesos acontecidos na parroquia de Chandebrito. As noticias escollidas publicáronse entre o ano 1898 e o 1999 en 9 periódicos diferentes do país, 26 delas son anteriores a 1976.

A exposición pódese visitar de xeito gratuíto e guiado na escola infantil (Rúa da Igrexa, núm. 2) os martes de 20.00 a 21.00 h., e tamén os sábados pola tarde concertando cita previamente no teléfono 667380223 ou no correo-e Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .