#Gondomar perde a súa maior festa da música electrónica: cancelan a Hunters Party 2015

Imprimir
hunter2015

Cando os carteis estaban en todos os recunchos do Val Miñor co anuncio para este sábado da maior festa rave de Gondomar, un aviso intempestivo a deixou en nada. A organización recibiu a negativa dos administradores da Casa do Cazador, a menos de catros días do evento. "Nos llena de tristeza anunciar esto. Han sido meses y meses de trabajo, bastante dinero invertido en equipo y promoción, esperanzas e ilusiones puestas en ello, ... Pero se acabó", comunicaban na web do evento. Inda que o novo goberno de Gondomar procurou un escenario alternativo, segundo puido saber este medio, á organización decidiu cancelar ante a proximidade da data e o temor a confundir o público cun traslado.

"No vamos a señalar a nadie. Sólo queremos aclarar que los motivos de la cancelación son completamente externos a nuestra organización. Simplemente no nos habilitan el espacio para realizar la fiesta. Hemos intentado conseguirlo a viento y marea durante estos últimos días, pero no ha sido posible. Lo sentimos mucho", reitera este grupo integrado por xente moi nova de Gondomar, amante da música electrónica.

A Hunter Party chegaba este ano a súa terceira edición. Xuntou a cen persoas na primeira e superou as 300 un ano despois. Todas elas sen incidentes reportados polas autoridades policiais e nun ambiente de respecto medioambiental que non deixaban de salientar en todas as convocatorias.

Os ánimos non eran os mellores na noite do mércores cando se fixo pública a cancelación. Meses de traballo e esforzos quedaban á beira do camiño por unha decisión que eles entenden sen fundamentos, inda que non quixeron comentar publicamente.

O certo é que Gondomar perde unha das festas máis importantes, o tal vez a única feita polos propios mozos do concello. Unha rave masiva que lograban montar con eficiencia e cuns orzamentos acordes cos tempos de austeridade. Non máis de 300 euros aportados polos organizadores. Sen embargo a súa creatividade permitíalles medrar en convocatoria ano a ano.
Preguntados se volverá a Hunter en 2016, de momento responden negativamente, inda que a experiencia, aseguran, pode dar pé a outra aventura.