Fican en #Nigrán 5 embaixadores da medicina natural e a agricultura ecolóxica.

Imprimir
adeline arthur

Adeline e Arthur, acompañados de Fernandel (o burro), Gladis (a cabra) e Baytan (o can) compoñen o equipo dos "Eco Trotamundos", implicados nunha viaxe que comezou polo camiño de Santiago dende Francia e que agora os deixa no Val Miñor. A particularidade do equipo fai que as acollidas sexan de familias ou colectivos que lles faciliten un espazo no que en especial, Fenrandel, Gladis e Baytan podan ficar sen problemas. A Casa Colorida de Nigrán será que acolla durante os próximos 15 días a estes viaxeiros que a cambio desta hospitalidade achegarán os seus coñecementos agroecolóxicos na mellora da horta comunitaria da casa.

Ademais, son portadores de coñecementos de medicina tradicional, pois Adeline está investigando precisamente a sustentabilidade da xestión de montes e contornas naturais, "priorizando as forzas e capacidades das plantas e principios activos que elas conteñen, sumado ás necesidades sociais, para logo determinar cómo ten que ser administrado o medioambiente", segundo comenta Silvia, anfitrioa da Casa Colorida.

A ruta que estes Eco Trotamundos están a desenvolver pode seguirse nunha web bitácora que eles van fornecendo con cada experiencia. Irún, Cantabria, Asturias, Santiago

Durante a súa estancia na Casa Colorida desenvolverán diferentes actividades nas que as persoas interesadas poderán participar. Para iso deben dirixirse ao enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

ÂÂÂ