A escola GALICIA EN DANZA representará a España na fase final da Dance World Cup 2015 en Bucarest.

Imprimir
emotionheader

O galardón chega trala obtención dunha medalla de ouro, dúas de pratas e tres de bronce nas eliminatorias disputadas en Barcelona durante a Semana Santa.

A escola de baile "GALICIA EN DANZA" de Baiona formará parte da Selección Española que participará na fase final mundial da DANCE WORLD CUP 2015 que terá lugar en Bucarest (Romanía) na derradeira semana do vindeiro mes de xuño.

A semana pasada, do 2 ao 5 de abril,  coincidindo coas vacacións de Semana Santa, tivo lugar no Hotel Meliá de Sitges (Barcelona) a eliminatoria estatal da "DANCE WORL CUP" coa participación do equipo da Escola de baile "GALICIA EN DANZA" de Baiona.

Compoñen este equipo unha trintena de bailarinas e bailaríns do Val Miñor dirixidos polas súas profesoras Sheila e Álida Loira Ferradás.

Do seu excelente traballo dan boa conta os resultados conseguidos: Unha medalla de ouro, dúas de prata e tres de bronce obtidas en distintas modalidades e categorías. Unha das súas danzas presentadas a concurso, a titulada "El vino", foi ademais seleccionada para participar na Gala de Clausura celebrada no serán do pasado domingo día 5.

No cómputo final da competición "GALICIA EN DANZA" foi distinguida cunha meritoria terceira posición empatada a puntos coa prestixiosa escola do "JOVEN BALLET DEL PIRINEO".

"GALICIA EN DANZA", grazas a estes excelentes resultados formará parte da SELECCIÓN NACIONAL que representará a España na FASE FINAL MUNDIAL da "DANCE WORLD CUP 2015" a celebrar en Bucarest (Rumanía) do 28 de xuño ao 5 de xullo.