Antón Costa Rico e Xosé Malheiro presentan un monográfico sobre a historia da educación en Galicia.

Imprimir
murguia-capa

O vindeiro venres 19 de decembro ás 20:30 horas os investigadores Antón Costa Rico e Xosé Manuel Malheiro presentarán o último número da Revista Murguía. A historia da educación no noso país centra este monográfico da Revista Galega de Historia que con este número cumpre o seu X aniversario.


"A historia da educación na Galiza é un ámbito de estudo relativamente recente ao que non se ten prestado atención de xeito sistemático até o derradeiro terzo do pasado século XX", salienta o editorial deste traballo. Os diversos artigos e pescudas que acolle este novo volume da revista achéganos un panorama global do estada no que se atopa a investigación neste eido na actualidade.
O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, na Avenida da Feira Nº10 baixo, Gondomar.