A Editora Emerxente convoca o “I Premio de Micronovela Emerxente”

Imprimir

Poderán concorrer ao I Premio de Micronovela Emerxente autoras e autores de calquera nacionalidade, presentando unha soa obra escrita en calquera das normas do galego-portugués (RAG, AGAL, Portugués Padrón). O premio constará da publicación do libro, nunha primeira edición de cen exemplares, da que se derivarán os preceptivos dereitos.
As obras aspirantes, que deberán ter unha extensión comprendida entre as 50 e as 60 páxinas (Times New Roman, 12, espaciado dobre), serán inéditas na súa totalidade e en calquera formato, físico ou dixital.

Os orixinais deberanse presentar sen referencia expresa á súa autoría e polo sistema de plica. Enviaranse dúas copias en formato físico, baixo lema. O mesmo lema deberá figurar no exterior dun sobre pechado que conteña os seguintes datos: título da obra, nome e apelidos da autora ou autor, enderezo postal, enderezo electrónico e teléfono de contacto.
O prazo de admisión rematará o 20 de decembro de 2014.
Os traballos enviaranse por correo postal ao seguinte enderezo, indicando no sobre
I Premio de Micronovela Emerxente:
Alberte Momán Noval (Editora Emerxente)
Rúa Rei don García, 3, escaleira dereita, 5ºD- 27001 Lugo.
-O xurado estará composto por persoas ligadas ao mundo da creación literaria. Corresponderalle ao xurado a interpretación destas bases e a súa decisión será inapelable.
-O fallo darase a coñecer durante o mes de febreiro de 2015.
-O Premio de Micronovela poderá quedar deserto.
-Os orixinais enviados non serán devoltos.