Mulleres Galegas Kañeras: Trinta artistas procuran financiar un proxecto común en VERKAMI.

Imprimir
canheras

O proxecto Mulleres Galegas Kañeras (MGK) so procura a gravación dun tema en estudio e un videoclip. Mais a cousa non é tan doada como parece. A movida implica xuntar a máis de trinta artistas das catro provincias do país para unha produción colectiva. O seu obxectivo maior é dar visibilidade a unha corrente alternativa que día a día medra en integrantes e creacións culturais, e que sen embargo amosa illada dos grandes medios de difusión. Procuran acadar a través do micro-mecenado uns 1.500 euros para pagar os custes de produción que implica a contratación de estudos e profesionais, ademais dos gastos de mobilidade.  Susana Seivane, Mercedes Peón e Teté Delgado xa comprometeron a súa participación desinteresada no proxecto. Agora toca achegar dende 3 euros en diante na conta de VERKAMI, para facer posible este soño.

Un proxecto sen ánimo de lucro

A idea e facela creación do tema durante os meses de xullo, agosto e setembro, como somos un numero elevado de participantes e ademais de sitios alonxados, teremos que utilizar moito internet para ir sacando as ideas e matizalas no local de ensaio para poder ir a gravalo a finais de setembro principio de outubro”. Así describe Patty Castro, vocalistas de Mega e creadora da iniciativa MGK, á que define como proposta “sen ánimo de lucro”, na web VERKAMI.

 

Dim lights Embed Embed this video on your site

 

Con 10 euro levas o CD-DVD e con 100 non te chega o armario para gardar todo.

Como é costume nas campañas de micromecenado, os colaboradores obterán unha sedutora recompensa en contrapartida: descargas anticipadas do CD-DVD, camisetas, chapas, e ata a inclusión do seu nome nos carteis, pases VIP e un montón de rulas máis que os interesados atoparán en detalle na páxina VERKAMI do grupo.