O goberno do Estado prohibe por decreto os pases de películas de estreo nos cines de verán municipais.

Imprimir
DSC00844 Custom

Os habituais ciclos gratuítos ou a prezo simbólico de proxeccións cinematográficas dos concellos non poderán incluír películas dunha antigüidade inferior a 12 meses dende o seu estrea en salas de exhibición. Así o establece o artigo 8 do real decreto-lei de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia, co que se modifica a Lei do Cine de 2007, nomeadamente os artigos 7 e 12, e publicados o pasado sábado no Boletín Oficial do Estado (BOE).


Deste xeito, os tradicionais programas que circulan polas parroquias xa sexan con subvencións municipais, da deputación ou a Xunta, non poderán programar películas cuxo estreo nas salas comerciais sexa menor a un ano, salvo nos casos en que das entidades representativas dos exhibidores cinematográficos ou do sector videográfico, se comunique as devanditas administracións que non existe un prexuízo na súa actividade comercial.