O IEM presenta o calendario das Xeiras 2014 con 11 rutas por mar e terra para gozar do Val Miñor

Imprimir
xeiras iem 2014
Download this file (Calendario Xerias 2014.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

Como xa é tradicional no verán o Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) organiza unha serie de visitas-guiadas ou Xeiras a distintos lugares de especial interese histórico, artístico, natural e paisaxístico do Val de Miñor e a súa contorna, dirixidos por especialistas no tema da visita. Para esta edición 2014 preséntanse once percorridos dos cales catro deles serán en barco.

Data

Saída

Guías

Punto de encontro

2 xullo, mércores, 17.00h

A Groba: Da Cruz de Pau ao Chan do Cereixo

Xilberte Manso, Pura González Martínez, Xosé Ramón García

Local do IEM. Prezo do bus, 5 €

9 xullo, mércores, 21.15h

Ruta marítima por Baiona*

Xosé Lois Vilar

Porto de Baiona

17 xullo, xoves, 17.30h

Xeira por Mañufe: das Escolas pro Val ao Pazo de Moldes

Antonio Soliño, Carlos Méixome

Local do IEM

23 xullo, mércores, 21.15h

Ruta de naufraxios polo mar de Cíes*

Xosé Lois Vilar

Porto de Baiona

30 xullo, mércores, 21.00h

Noite de estrelas e lobos

Xosé Lois Vilar, Gustavo Sanromán, Xilberte Manso,

Chan da Lagoa

6 agosto, mércores, 21.15h

Ruta marítima Baiona-Oia*

Xosé Lois Vilar

Porto de Baiona

13 agosto, mércores, 17.30h

Parada na Idade Media: Sueiro Iañez

Antonio Soliño, Carlos Méixome

Local do IEM

20 agosto mércores, 21.15h

Ruta marítima á illa de Ons*

Xosé Lois Vilar

Porto de Baiona

22 agosto, venres, 17.30h

O Gondomar do Antigo Réxime

Antonio Soliño

Local do IEM

27 agosto, mércores, 17.30h

A Fraga de Oliveira

Xilberte Manso, Xosé Ramón García

Praza de Abastos de Sabarís

3 setembro, mércores, 19.30h

A arquitectura de Bar Bóo en Gondomar

Antonio Soliño, Rosa Mouriño

Local do IEM

Local do IEM: Aula de Cultura Ponte de Rosas. Avda. da Feira 10, baixo,

Requisitos para asistir ás Xeiras marítimas.

Para asistir a estas catro Rutas marítimas é preciso abonar previamente a viaxe na conta do IEM (2080.5035.07.3040014164, de Novagalicia Banco), coa palabra BARCO e o día (por exemplo “Barco 06/08”) en “Concepto”.

Este abono deberá ser confirmado 48 horas antes da saída por correo electrónico   Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , ou no  teléfono (986360575), en ambos casos deixando un teléfono de contacto. Deberase dar o nome de todos os viaxeiros, e indicar se algún é menor de idade. Non se admitirá a bordo a ninguén que non cumpra estas condicións. Prezos: 12 €; Socios do IEM, 10 €. Menores de 12 anos, 10 €. Nestas rutas marítimas a organización resérvase o dereito de anular a saída de non acadarse o mínimo de 100 viaxeiros.