Aberto o concurso de carteis para o Festival Nigrán Jazz Quin Alborés 2014

Imprimir
jazz nafoz
Download this file (bases concurso cartel Quin Alborés.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

O Concello de Nigrán puxo en marcha o concurso de carteis "Quin Alborés" para a próxima edición do Festival Nigrán Jazz, que terá lugar no estuario da Foz o próximo 9 de agosto. Ao certame de deseño poderán presentarse autores residentes en Galicia maiores de 18 anos, ata cun máximo de dúas obras inéditas. O prazo de presentación de orixinais conclúe o próximo 11 de xullo ás 10.00 horas. O premio será de 500 euros.

As bases poden descargarse no arquivo pdf que acompaña esta nota, tamén na web do Concello de Nigrán ou na páxina do Festival na rede Facebook.

Attachments:
File
Bases do Concurso 2014