Inauguración da mostra “CINZAS” de Ramón Trigo na Aula de Cultura Ponte de Rosas.

Imprimir
ramon-trigo-dip

O día xoves 22 de maio ás 20:30 horas a Aula de Cultura Ponte de Rosas recibe unha nova mostra: “CINZAS” do artista Ramón Trigo. No acto contarase coa presenza do autor e unha presentación a cargo do músico Alfredo Dourado

Ramón Trigo (Vigo, 1965) alterna os seus traballos como ilustrador e autor de bandas deseñadas coa pintura e a escultura. A súa obra ten sido exposta en diversas galerías e espazos culturais así como obxecto de múltiples galardóns. Entre eles o l Premio Cómic da Deputación de Cuenca , o  Premio Álbum Ilustrador Cabildo de Gran Canaria(2007), o V Certame Internacional Albúm Infantil Ilustrado Cidade de Alicante e no 2012 o prestixioso Premio Lazarillo outorgado polo Ministerio de Educación e Cultura.

Publicou o relato breve Vitapakouras no BD Banda nº6. Colaborou  especialmente na escena local de revistas e fanzines, este autor participara na eclosión cultural viguesa dos oitenta. Tamén traballou para o Faro de Vigo e para o fanzine de Cangas O pito cairo. Despois o seu labor decantouse pola ilustración de libros como As luces que se acenden e se apagan, O pirata pata de lata, Santos e defuntos e Casa Vacía. Historias de los niños sobrenaturales é o seu primeiro álbum longo de banda deseñada.

Como é tradición, logo da presentación compartiremos co autor un viño achegado por Bodegas Terras Gauda e unhas roscas da Panadería Copena de Gondomar.

Cinzas

Autor: Ramón Trigo

Visitas: Luns a venres de 19 a 21 horas

Lugar: Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avenida da Feira, 10 baixo, Gondomar)

Descargar o díptico