O artista plástico Xosé Carlos Barros inaugura a mostra OBRA RECENTE na Aula de Cultura Ponte de Rosas.

Imprimir
IMG 0861

 

Este venres 24 de maio ás 20:30 horas terá lugar a inauguración da exposición OBRA RECENTE, do plástico Xosé Carlos Barros. O traballo será presentado polo artista vigués Amando, e introducido por Fino Lorenzo. O acto, aberto ao público, terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira Nº 10, baixo, Gondomar), sede do Instituto de Estudos Miñoranos.

Presente nas mellores coleccións institucionais e privadas do país, a obra que Xosé Carlos Barros (Vigo, 1962) presenta na Aula de Cultura Ponte de Rosas, supón un exquisito experimento plástico que indaga nas posibilidades simbólicas da materia.

A mostra OBRA RECENTE estará aberta ao público desde este venres 24 de maio ata o día 28 de xuño de 2013, de luns a venres no horario de 19 a 21 horas.