Seleccionan unha curtametraxe realizada por alumnos e profesores do IES Terra de Turonio para o Festival de Cinema Jove de Valencia.

Imprimir
cinema joven

-Na calor do meu cuarto é o título do filme.

-A curtametraxe foi producida, filmada e protagonizada por alumnado e profesorado do IES Terra de Turonio de Gondomar

Un traballo audiovisual que aborda o maltrato e a violencia exercida sobre a muller, realizado na materia de Comunicación Audiovisual que o centro oferta ao alumnado do IES Terra de Turonio de Gondomar, foi seleccionado para ser exhibido na XXVIII edición do Cinema Jove de Valencia. Por tratarse dun dos festivais de cinema con máis tradición no cinema educativo e que conta cunha sección dedicada a novos realizadores, a escolla da curtametraxe supón un recoñecemento ao labor desenvolvido polo alumnado de Comunicación Audiovisual do Instituto.

O proxecto de produción da curtametraxe chegou ao centro por iniciativa da Concellería de Igualdade do Concello de Gondomar que ofertaba a colaboración técnica da produtora Senex para que o alumnado contase con equipamento e asesoramemento na realización de todo o proceso da curtametraxe que debería abordar unha situación de maltrato.

O alumnado de Comunicación Audiovisual realizou o guión, a escolla actoral, a elección dos espazos de rodaxe e toda a organización para a filmación da curtametraxe que transcorre nunha vivenda da parroquia de Morgadáns e no propio instituto.

A curtametraxe foi realizada como práctica educativa da asignatura Comunicación Audiovisual do grupo 3º ESO A, impartida polo profesor Santiago Veloso Troncoso. Os profesores Javier Veiga e Susana Franco protagonizan os papeis do pai e da nai da protagonista, Lara, que interpreta a alumna Selene Sánchez.

O Centro de Información da Muller do Concello de Gondomar colaborou co instituto mediante a realización do curso de formación "Mirada nova".

Sipnose : Na calor do meu cuarto

Unha alumna padece unha situación de violencia exercida polo seu pai cara a súa nai. Situación que se reflexa no comportamento da adolescente que vai pouco a pouco refuxiándose no seu cuarto para tratar de evadirse do ambiente de tensión e de agresividade na que convive.

O arrepentimento do agresor é presentado na curtametraxe como unha fase máis do proceso do maltrato da muller. O agresor, valéndose da debilidade e dependencia emocional da vítima, provocada por unha necesidade afectiva extrema, reitera o seu comportamento iniciando novamente unha situación de maltrato.

O Festival

O Festival vén de convidar a unha representación do IES Terra de Turonio a asistir ás xornadas de exhibición que se desenvolveran entre o 22, 23 e 24 de xuño na cidade de Valencia. Se a obra resulta premiada esta delegación recollerá o premio durante a xornada de clausura do festival do día 24.

Equipo ténico

Cámaras:

Yolanda Martínez Alonso.

Verónica Costas Salgueiro

Fotografía:

Pablo Gonzále Ferreira

Eugenia Lorenzo Cobas

Son:

Jéssica Salgueiro Deaño

Montaxe:

Javier Leyenda Valverde

José Manuel Solla

Mª Lucía Misa Rodríguez

Patrícia Ferreiro Castro

Coordinación:

Santiago Veloso Troncoso