Festival Internacional de Teatro lusófono en Gondomar do 24 ao 26 de maio.

Imprimir
festi-teatro-gondomar

 

Dúas compañías galegas (Limiar Teatro e 8mm Teatro), dúas portuguesas (Fafe cidade das artes e Teatro Invisibel) e dúas brasileiras(Farándula e Teatro andante) desenvolverán o Festival Internacional de Teatro que terá por sede a vila de Gondomar do 24 ao 26 de maio.

As seis conforman o programa de Ponte…na escena, o primeiro festival internacional de teatro da lusofonía que se pon en marcha en Gondomar. A proposta xorde do impulso de Ponte…nas ondas, de ai o nome do certame pero tamén de Limiar Teatro. Fran Núñez, membro desta última formación e implicado en Ponte nas ondas desde temo atrás fala da “vocación de exhibir proxectos comúns da lusofonía”.

O programa centrará a súa actividade no Auditorio Municipal Lois Tobío, aínda que o venres 24, o bar Catro Camiños albergará Unha historia de amor ao Tarantino (8mm. Teatro) a partir das 23 horas.

O custe das entradas é de 4 euros por espectáculo, o tamén se poderá comprar un bono de 6 euros que permite o acceso ás dúas funcións do día.

Programa do Festival Internacional de Teatro

-Venres 24 de maio

Verbum Fahrheit (Limiar teatro – Galicia) 20 horas no Auditorio Lois Tobío.

Unha historia de amor ao Tarantino ( 8mm. Teatro – Galicia) 23 horas no Catro Camiños.

-Sábado 25 de maio, Auditorio Lois Tobío

Quando se abren os guarda-chuvas (Primus Cia de Atores – Río, Brasil) 20 horas

Olympia (Teatro andante – Minas Gerais, Brasil), 22 horas

-Domingo 26 de maio, Auditorio Lois Tobío.

Labirinto de amor e morte ( Fafe cidade das artes – Fafe Portugal), 20 horas

A visita (Teatro Invisible – Lisboa Portugal), 22 horas.