Últimos lugares para inscribirse no curso "Dende o badal ao clic" da UIMP organizado polo IEM.

Imprimir
CARTAZ UIMP_IEM

O Instituto de Estudos Miñoranos Informa que quedan as últimas prazas para anotarse no curso "Dende o badal ao clic", un curso da Universidad Internacional Menéndez Pelayo que terá lugar en Gondomar os días 6,7 e 8 de setembro. O evento académico centrarase na problemática das novas transformacións que está a sufrir o medio rural en Galicia. O curso -dirixido a profesionais, estudantes e público en xeral- finaliza o prazo de inscrición o vindeiro martes 4 de setembro.

 

O curso aportará unha visión global da evolución das sociedades rurais, nos seus aspectos organizativos, representativos, culturais, demográficos, sociolóxicos e lingüísticos entre outros. As palestras estarán a cargo de membros da UIMP, o IEM, e as universidades de Vigo e Santiago. Para o tratamento do eido urbanístico e municipal contarase con dúas mesas redondas integradas por destacados profesionais do eido así como polos alcaldes de Lugo, Lalín e Pontevedra.

Para inscribirse se debe achegar unha solicitude ao correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , contendo: Nome e apelidos, DNI, enderezo, código postal, teléfono e estudos ou profesión. O custe da matrícula é de 65 euros para os inscritos a través deste correo electrónico pertencente ao IEM. Unha vez feita a solicitude, o IEM achegará aos inscritos o número de conta onde deben facer efectiva a matrícula. Está dispoñible o teléfono 986360575 para consultas os días luns a venres de 18 a 22 horas.

Organización

O curso desenvolverase na sede do IEM, na Avenida da Feira, Nº 10, baixo (Gondomar). O curso da UIMP, está organizado polo IEM e conta coa colaboración dos Concellos de Gondomar, Baiona e Tomiño. José Eladio Ferrero Fontenla (Licenciado en Psicoloxía e en Pedagoxía e Titular da área de Sobredotación e Altas Capacidades) é o director do curso. Carlos Méixome Quinteiro (Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación e Director do IEM) é o secretario.

Créditos:

O curso xerará 1 crédito para as Universidades de Santiago de Compostela e Vigo; e 2 para a Universidade d'A Coruña.

Programa

Xoves 6 de setembro

17:00- 17:30 - Recollida de material

17:30 - 18:30 - Conferencia inaugural: "A socialización do mundo rural ata o século XX: fundamentos, procesos e crises". Xosé Luis Barreiro Rivas (Director da UIMP en Galicia).

18:30 - 19:30 - Conferencia: "A incorporación dos novos urbanitas ao medio rural. Cambios sociais e participación nas estruturas rurais". Marcial Gondar Portosany (Profesor da USC)

20:00 - 22:00 - Visita guiada ós pazos de Gondomar e Vilarés. Guía: Arquitecto Antonio Soliño Troncoso (IEM).

Venres 7 de setembro

17:00 - 19:00 - Conferencia coloquio: "A organización territorial no rural. Evolución histórico - social, política e administrativa". 1ª Parte: Gerardo Pereira Menaut (Profesor da USC). 2ª Parte: Ofelia Rei Castelao (Profesora da USC).

19:00 - 19:30 - Descanso - café

19:30 - 21:00 - Mesa redonda: "A formación e transformación do sistema de hábitat rural". Moderador: Vicente Pintos Santiago (Arquitecto - IEM). Integrantes: Manuel Caamaño Suárez (Aparellador), Carlos Varela García (Fiscal do TSX de Galicia), Teresa Táboas (Arquitecta) e Daniel Pino Vicente (Sociólogo).

21:00 - 22:30 Visita guiada ao casco histórico de Baiona. Guía: Xosé Lois Vilar Pedreira (Arqueólogo - IEM)

Sábado 8 de setembro

9:30 - 11:00 - Conferencia coloquio: "A toponimia no rural. Transformación ou substitución". Gonzalo Navaza (Profesor da Universidade de Vigo).

11:00 - 11:30 - Descanso - café

11:30 - 13:00 - Mesa redonda: "O Municipalismo nas novas sociedades rurais e periurbanas. Accións de futuro". Moderador: Xilberte Manso de la Torre (Profesor de Ensino Secundario - IEM). Integrantes: José López Orozco (Alcalde de Lugo), José Crespo Iglesias (Alcalde de Lalín), Miguel Anxo Fernández Lores (Alcalde de Pontevedra).

13:00 - 14:00 Clausura e entrega de diplomas.