Espazo Lectura foi nomeada como "mellor iniciativa do ámbito do libro" polos editores galegos.

Imprimir
rincon-infantil-gondomar
A Asociación Galega de Editores (AGE) outorgou o Premio Francisco Fernández del Riego á mellor iniciativa do ámbito do libro en Galicia a asociación miñorana Espazo Lectura. Este recoñecemento foi comunicado no marco da presentación dos finalistas aos Premios da Edición 2010 que se entregarán o próximo 12 de marzo en Lugo, na VI Noite da Edición.