As voces do Coro Ecos do Castelo (A Carrasca) encheron a Capela de San Campio.

Imprimir
ecosdocasteloguitarra
ecosdocasteloaltar
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

As voces do Coro Ecos do Castelo encheron a Capela de San Campio nunha velada musical no marco dos Concertos de Nadal organizados polo Concello de Nigrán. Catorce veciñas e nove veciños da parroquia de Parada integran esta coral baixo a dirección de Samuel Carmona. O pasado domingo 26, o público asistente puido escoitar e gozar de pezas como “Fun a Fonte”, “Campanitas”, “Por ti volaré”, “Meu amor mariñeiro”, “Perfidia”, “Recuerdos de un ayer”, “Por entre as silveiras” e un “Popurrí Venezolano” cunha pinga de lembranza da Venezuela nata do seu director.

O coro, que como eles din ten como “único obxectivo divertir e divertirse”ensaia no Centro Cultural da Carrasca. Con alegría e moita dedicación a coral participa de concertos deste tipo ao longo de todo o ano.