O prezo é de 3€ por cativo e poderán participar maiores de 5 anos. Os interesados teñen que inscribirse na Oficina de Turismo Dunas de Gaifar ou no 986.368.734. As prazas son limitadas.
Xornada de Educación Vial
As Concellerías de Educación e Seguridade, organizan para o vindeiro 19 de agosto, unha “Xornada de Educación Vial” para rapaces e rapazas de 8 a 12 anos. A xornada celebraráse nas instalacións da Xefatura da Policía Local de Nigrán, a partires das 11:30h. Os interesados en participar deben inscribirse na Oficina de Turismo Dunas de Gaifar ou no 986.368.734. As prazas son limitadas.