Xa preparan o seu próximo festival o 13 e 14 de agosto en Nigrán.
O pasado venres 18 de xullo celebrouse o primeiro festival musical organizado pola asociación cultural e deportiva Berra Val Miñor. Foi o festival BERRA BAIONA, con un gran exito de afluencia e boa música que fixo a delica de todo o público asistente. Soundshepard, A Tuna Rastafari e 6iscafes.
A asociación BERRA Val Miñor está formada por mozos e mozas do Val Miñor con moitas ganas de achegar actividades de ocio atractivas para a mocidade fuxindo das formas de ocio e cultura "oficial" que adoitamos ver polo val.
A próxima parada será o FESTIVAL BERRA NIGRAN, o 13 e 14 de Agosto en praia américa, onde poderemos disfrutar de Grupos en directo, artesanía, percusión, teatro, malabares, etc.
Os grupos que atuarán neste novo festival serán:
Mercores 13:
VANTROI(méxico)
THE GOTXOS PARTY (Nigrán) que rememoran tempos pasados coa formación inicial da banda.
xoves 14:
SKACHA,
TIRO NA TESTA,
SOAK
DAKIDARRÍA.