Maratón cultural en Gondomar e Baiona

Imprimir
Xosé María Álvarez Blázquez

O concello de Gondomar organiza para este sábado varios actos na celebración do Día das Letras Galegas adicadas a xose María Álvarez Blázquez. Suspendido o acto de inauguración da rúa adicada a intelectual galego os actos de Gondomar sumados á convocatoria da asociación cultural Ximbaleu dunha maratón de lectura en Baiona, porán o broche final a esta semán cultural no Val Miñor.

Maá sábado 17 ás 19h na Praza do Concello de Gondomar terá lugar a Lectura pública de textos de Xosé María Álvarez Blázquez.

Media hora máis tarde está prevista un concerto da Banda de Música de Vincios para rematar ás oito da tarde  coa inauguración da escultura A Galiña azul e o Paseo Carlos Casares.

A escultura da Galiña Azul é obra do arquitecto e membro do IEM,  Alfonso Soliño Troncoso, e será inaugurada ese día coa presenza da familia de Carlos Casares e da Fundación que le va o nome do escritor.

 

Maraton de lectura. 

A Asociación Cultural "O Ximbaleu" organiza unha maratón de lectura o próximo sábado co motivo do Día das Letras Galegas. O acto comezará ás 19.00 na Praza da Leña, fronte ao Convento das Dominicas.

Este é o seu chamamento:

Como cada 17 de maio dende o ano 1963, Galicia honra as súa cultura literaria e a súa lingua a través dunha festa que sempre tivo un alcance e unha significación extraordinarios e foi moi ben acollida non só nos ámbitos culturais senón tamén nos ambientes populares. A partir de entón dedícaselle ese día a unha figura significativa do panorama literario galego coa única condición de que no ano da súa conmemoración se cumpriran dez ou máis anos do seu pasamento.

Neste ano no que a Real Academia Galega recoñece a traxectoria de Xosé María Álvarez Blázquez dedicándolle o Día das Letras Galegas, a Asociación Cultural “O Ximbaleu” quere participar nesta homenaxe organizando unha maratón de lectura o vindeiro sábado 17 de maio.

Esta actividade, á que xa foron convidados os docentes e alumnos dos colexios de Baiona, terá lugar a partir das 19.00 horas na Praza da Leña, fronte ao Convento das Dominicas, están invitados todos aqueles cidadáns que desexen sumarse a este recoñecemento lendo un fragmento de calquera texto en lingua galega.

O acto será conducido por Xosé Lois Vilar Pedreira e comezará coa lectura dun fragmento da conferencia que Xosé María Álvarez Blázquez pronunciou no Salón de Plenos do Concello de Baiona no ano 1964 e cuxa tradución ao galego foi editada polo Instituto de Estudos Miñoranos e presentada en público a pasada semana na Biblioteca Municipal de Baiona.

Para podermos organizar as intervencións, pregamos nos contacten ben por correo electrónico ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ) ben por teléfono (654838212 – 616903082) para comunicarnos os datos dos participantes así como o texto elixido que non deberá superar os cinco minutos de lectura.