Esta adaptación ao teatro negro da obra de Antoine de Saint Exupèry escenifica a primeira parte do relato da peregrinaxe planetaria emprendida polo Principiño para coñecer algo máis que o seu diminuto planeta. No seu percorrido polo universo, atópase con diferentes personaxes que habitan outros planetas: o home que é rei, o que é matemático, o vanidoso, o que se excede coa bebida, o que pasa a súa vida alumando unha farola, o home de negocios... Conta nas súas costas máis de 200 exitosas representacións por toda Galicia.