Xistra do Coruxo e seis grupos tradicionais de Gondomar animarán a V Xuntanza de Mañufe.

Imprimir

A Asociación Cultural San Vicente de Mañufe organiza o vindeiro sábado 2 de xullo a súa V Xuntanza Folclórica no torreiro parroquial. Os espectáculos darán comezo ás 20 horas coas participacións de Os Romanteleiros (Mañufe), Grupo de Baile e Gaitas Fíbulas-Swaroskys (Mañufe), Grupo de Gaita e Baile do CC A Merced de Chaín, Grupo Balcón do Miñor (Morgadáns)e Grupo de Música Tradicional e Pandereteiras do CC de Vincios.

O evento tamén contará coa posta en escena do grupo folk Xistra do Coruxo.

No encontro se poderá disfrutar de pinchos e bocadillos a prezo populares.

Este acto está organizado pola Asociación Cultural San Vicente de Mañufe , colaborando a Concellería de Cultura do Concello de Gondomar e a Deputación de Pontevedra.