Este sábado 25 de xuño terá lugar o IX Serán á Beira do Mar organizado pola Escola de Danza Vila de Baiona e a asociación cultural Seneira.
A actividade dará comezo ás 21 horas con pasarrúas polo casco vello de Baiona.
A partir das 22 horas hai un chamado para concentrarse no parque da Palma onde haberá música, bailes e sorteos de agasallos con chocolatada e postres de balde a media noite.
Apoian ACEBA e o Concello de Baiona.