Espectáculo de clown para os máis cativos en Nigrán

Imprimir
maxresdefault 1

A concellería de Cultura, Turismo, Igualdade e Xuventude do Concello de Nigrán organiza o vindeiro Sábado 30 de xaneiro un espectáculo de clown para o público cativo co que abrirá os actos do Entroido 2016 no municipio.
"Os nenos e nenas poden ter medo á figura do pallaso, por iso Lolo irá caracterizándose de clown diante deles dun xeito didáctico e moi divertido, con elementos que sacará da súa maleta : perrucas, traxe , zapatos , maquillaxe, nariz ... "


A cita será o Sábado 30 de Xaneiro ás 17.30 no Auditorio Municipal, e o espectáculo é a cargo de Barafunda animación.