Martes, 16 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Acto informativo do BNG de Nigrán sobre os recortes no novo hospital Álvaro Cunqueiro.

Acto informativo do BNG de Nigrán sobre os recortes no novo hospital Álvaro Cunqueiro.

Correo-e Imprimir PDF
auditorio-nigran

Ante a problemática suscitada coa deficiente posta en marcha do novo hospital de Vigo, centro de referencia para os veciños de Nigrán en varias especialidades e hospital de referencia para moitos deles, o BNG de Nigrán vai realizar un acto informativo sobre os recortes no hospital.

Intervirán Antonia Hernández Cerviño, membro dunha plataforma de afectados; María Xosé Rodríguez, membro da xunta de persoal da área sanitaria de Vigo e Manuel González Moreira, membro de SOS Sanidade Pública.

O acto realizarase no Salón de Actos do Concello de Nigrán o mércores 7 de outubro, ás 20,30 horas e haberá unha quendade debate ó final das intervencións.