Belesar acollerá este sábado o 18º Festival de Bandas de Música. #Baiona

Imprimir
banda belesar

Este sábado 22 de agosto a partir das 19:30 horas dará comezo a 18ª edición do Festival de Bandas de Música, organizado pola Agrupación Musical de Belesar.

Nesta edición, ademais da banda anfitrioa, dirixida por Javier Domínguez Millán, participarán as de Vertula de Meis e Sanxenxo. Os concertos terá lugar no recinto de festas de Belesar e serán retransmitidos pola Radio Galega.