“Vermú Colorido” este domingo con Diógenes dos Bosques e Nossis de Locri. #Nigrán #ValMiñor

Imprimir
11908192 10207204734067729 275320935 n

Diógenes dos Bosques é un guitarrista galego residente en Nigrán, ben coñecido por tocar nas rúas de cidades como Porto, Baiona, Vigo, Pontevedra ou Santiago de Compostela. Nossis de Locri é unha vocalista italo-arxentina-arousana residente en Compostela. Ambos participaron en diferentes proxectos na Galiza. Este domingo 23 de agosto ás 13 horas participarán no Vermú Colorido que ofrece a Casa Colorida de Nigrán, na Rúa Rosalía de Castro Nº 16.

No ano 2010 formaron o duo Anaidomel , interpretando músicas de composición conxunta e tamén algunhas versións, sempre dentro do seu estilo profundo, espiritual e visceral. Despois de manterse separados por motivos de residencia, deciden na primavera de 2015 xuntar de novo as súas forzas. Froito deste reencontro actuarán este fin de semana en Vigo e no Val Miñor, tendo no Vermú da Colorida o colofón desta pequena xira.