Instálase unha feira de antigüidades en Panxón.

Imprimir
rastro

O paseo marítimo de Panxón acollerá durante todo o sábado unha feira de antigüidades organizada polo Concello de Nigrán.

Dende o Concello sinalan que se decidiu repetir o evento "despois do éxito que tivo a que se organizou en xullo na alameda de San Campio, na Ramallosa".

A feira localízase ao carón de onde hoxe venres e mañá sábado terán lugar dúas das actuacións do Novo Circo ás 20.30 horas.

Ao mesmo tempo, en praia América, ao lado da escola de vela, permanece instalada ata fin de mes a feira de artesanías do mundo.