A Galería Sargadelos de #Baiona acolle o recital poético e musical “Verbas Cum”.

Imprimir
irene silva

Ao abeiro da exposición "Olladas do mar", na Galería Sargadelos de Baiona, a Editorial Belagua e a escritora Isabel Blanco-Rivas organizan un festival poético baseado na súa obra Verbas cum, ilustrado por Irene Silva.

Estarán acompañadas por un nutrido grupo de artistas, que porán música e voz aos poemas de Isabel Blanco, mais tamén leranse poemas de outros autores e autoras que teñan o mar como referencia. Será o vindeiro xoves 13 de agosto ás 20:30 horas .

 

"Olladas do Mar" é unha e exposición colectiva de pinturas de Caíno, Irene Silva e Quico Martí. Tres creadores cunha fonda relación coa vila mariñeira de Baiona. A mostra propón as visións personais, con técnicas moi variadas co mar e as súas xentes como motivo de representación.

Inaugurada o pasados 3 de agosto, estará aberta ás visitas durante todo o mes de agosto, de 10.00 a 14.00 h. e de 17.00 a 21.30 h.