Couso celebrará a XII festa gastronómica “As delicias do Porco”

Imprimir
asada

Zorza, lacón e orella serán a gran oferta para este domingo na XII Festa Gastronómica do Porco na parroquia de Couso.

A banda de gaitas Novos Aires de Couso será a encargada de organizar a XII Festa Gastronómica do Porco, na parroquia de Couso. O grupo, que animará o encontro, anuncia unha exquisita variedade de tapas que serán ofrecidas aos veciños e visitantes que o vindeiro domingo 9 de agosto achéguense ao torreiro de festas da Virxe dos Remedios.

A actividade conta coa colaboración do Concello de Gondomar.