O Concello de #Nigrán organiza unha noite de observación das Perseidas no Castro de Chandebrito.

Imprimir
astronomia castro-chandebrito2

O Concello de Nigrán a través da Fundación Ceo, Ciencia e Cultura organiza unha noite de observación das Perseidas, para o martes 11 de agosto ás 22:30 horas. A choiva de meteoros será vista dende o Castro de Chandebrito e será guiada por Ricardo Lago, membro desta fundación xestora do Observatorio Astronómico de Forcarei.

Os interesados poden acudir directamente alí a esa hora ou, se descoñecen o lugar, presentarse en coche ás 22.00 horas no propio Concello de Nigrán, dende onde se organizará unha saída conxunta.

A actividade é gratuíta e para todo os públicos. Recoméndase aos asistentes que acudan con roupa de abrigo, toallas ou mantas para tirarse no chan, comida ou bebida se desexan cear vendo ás estrelas e prismáticos no caso de que dispoñan deles.

Ademais da guía na observación terá lugar unha demostración do firmamento nocturno cun repaso das constelacións e demais obxectos visibles.