Curso de iniciación á cociña para homes

Imprimir
Curso de cociña para homes - CC BY-SA defensanimal.org

O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información á Muller, abre o prazo de inscrición para un curso de iniciación á cociña, unha acción enmarcada dentro do II Plan de Igualdade municipal.

O curso ten como obxectivo principal a adquisición de habilidades básicas entre os fogóns, e impartirase entre o 16 de abril e o 2 de maio, os martes e mércores de 17.00 horas a 19.30 horas nas instalacións do Restaurante O Queimada, na Carrasca.

O 60 % das prazas reservaranse para homes, coa finalidade de favorecer a co- responsabilidade na realización de tarefas domésticas.

O custe total do curso é de 10 euros por persoa.