O IES Auga da Laxe celebra o día mundial da poesía con diversos actos

Imprimir
Trex peixes voando - Xabier Díaz e Guillermo Fernández

Os compoñentes do grupo Berrogüetto, Xabier Díaz e Guillermo Fernández, participaran cun concerto acústico.

O IES Auga da Laxe de Gondomar celebra este 21 de marzo ás 20:30h, o Día Mundial da Poesía. O centro ten programadas diversas actividades abertas a todos os membros da comunidade escolar.

A festividade contará coa exposición "Un mar de peixes" elaborada polo alumnado do departamento de plástica do centro. "Performance" poética,musical, teatral e de danza a cargo do alumnado e profesorado do centro.

O broche de ouro o porá a voz de Xabier Díaz e a guitarra de Guillermo Fernández, integrantes do grupo folk Berrogüetto, cun concerto acústico do seu proxecto musical "Tres peixes voando" 

Día Mundial da poesía da UNESCO.

Cada ano, o 21 de marzo, a UNESCO celebra o Día Mundial da Poesía. A decisión de proclamar o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía foi adoptada durante a 30ª reunión da UNESCO celebrada en París en 1999.

De acordo coa decisión da UNESCO, o principal obxectivo desta acción é soster a diversidade dos idiomas a través da expresión poética e dar aos que están ameazados a posibilidade de expresarse nas súas comunidades respectivas. Por outra banda, este Día ten por obxecto apoiar a poesía, a volta á tradición oral dos recitais de poesía, promover o ensino da poesía, o restablecemento do diálogo entre a poesía coas demais manifestacións artísticas, como o teatro, a danza, a música, a pintura e así sucesivamente, o apoio aos pequenos editores e crear unha imaxe atractiva da poesía nos medios de comunicación para que a arte da poesía xa non se considera unha forma anticuada de arte, senón un.

A UNESCO anima aos Estados Membros a tomar parte activa na celebración do Día Mundial da Poesía, tanto a nivel local como nacional, coa participación activa das Comisións Nacionais, a ONG e as institucións públicas e privadas interesadas (escolas, concellos, comunidades poéticas, museos, asociacións culturais, editoriais, autoridades locais e así sucesivamente).

Ligazóns de interese