Tristecentos versos. Poesía e música no Nornas Hostel de Gondomar.

Imprimir
Tristecentos versos no Nornas Hostel

Poesía e música no Nornas Hostel de Gondomar.

Tristecentos versos é unha conxunción de poesía e música onde tres poetas galegos: Xabier Xil, Elvira Riveiro e Silvia Penas declaman acompañados pola música electrónica que a DJ alemá Carina Posse escolle para adornar as palabras. É un formato de recital que resulta intenso e moi ameno para o público, sobretodo nun marco incomparable como Nornas Hostel.

A cita é este venres 15 de febreiro as 21:00h.

Prezo da entrada 2€, consumicións aparte "a precios populares".